Sabíades que en Cataluña é costume que cada 23 de abril a xente saia á rúa e agasale libros e rosas?
Nesta data móntanse unha morea de postos ambulantes pola rúa onde poder mercar libros e rosas; deste xeito recréase a lenda de Sant Jordi que fala dun dragón que atemorizaba á veciñanza;o rei decideu enviar á súa filla como sacrificio para acougar o dragón. Camiño da cova do dragón, a princesa atopou un cabaleiro que acabou matando o dragón e rescatándoa. Do sangue do dragón morto naceu unha rosa bermella que o cabaleiro entregoulle á princesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario