Nestes días no cole de Atios andamos a voltas coa celebración do Samaín e do Magosto. Na biblioteca aproveitamos a coincidencia de datas para celebrar tamén a semana da tradición oral escribindo contos de medo nas aulas e lendo historias terroríficas coa colaboración dos pais, os mestres e os alumnos do cole.
Nos vindeiros días iremos subindo algunhas fotos desas lecturas, mentras vos deixamos unhas imaxes da nosa biblioteca nestes días e algunhas suxerencias de lectura para estes días nos que o tempo aínda acompaña para sentarse a ler ao soleciño de outono cunha presa de castañas quentiñas ao lado.
BOA LECTURA A TODOS!!!!
Aquí vos deixamos estes títulos para que vos animedes a ler un pouco nestes días:
Ningún comentario:
Publicar un comentario