ACTIV COMPLEM/EXTRAESC, DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

luns, 16 de novembro de 2015

TERROR NA BIBLIOTECA

Os contos de medo son os protagonistas destes días nos recreos do CPI de Atios; o pasado xoves contamos coa colaboración de Alejandra, Elena e Andrea (5º A) que leron para os usuarios da biblioteca unha antiga lenda celta, o venres foi a quenda dos rapaces de 4º A que acompañados da profe Tereixa leron para todos unha historia ambientada en Galicia; tamén Minerva e Sara de 5º B leronpara nós un par de historias escritas por elas mesmas.





Esta semana continúan os contos de medo na biblioteca, vos seguiremoscontando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario