xoves, 21 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO POR TODO O ALTO!!!!

Estes días no cole de Atios se multiplicaron as actividades para celebrar o Día do Libro por todos os recantos da escola:




Os nenos de Infantil e Primaria adicaron estes días a coñecer un pouquiño máis a figura de Cervantes, do cal se cumplía o 400 aniversario do seu nacemento, e o seu Don Quijote; elaboraron magníficos debuxos e marcapáxinas que empregamos para decorar os corredores da escola e a cafetería na que onte, durante toda a mañá tivo lugar un precioso maratón de lectura no que os nenos enenas de 2º a 6º, e tamén algúns pais, leron diversos fragmentos de Don Quijote en castelá, en galego, en portugués, ... porque se hai unha obra literaria universal, esa é a do Quijote. As lecturas estiveron presididas por un marabilloso mural que pintou para nós o pintor Manolo Carballo ao que dende aquí queremos felicitar polo traballo realizado e agradecer a colaboración prestada na celebración do noso Día do Libro.


Se queredes coñecer algo máis a Don Quijote e o seu inseparable Sancho, vos deixamos aquí algúns títulos:





Os alumnos de secundaria tamén participaron no maratón, pero ademáis tiveron a oportunidade de coñecer e dialogar co escritor Mario Caneiro ao que este ano lle adicamos o noso Día do Libro no CPI de Atios.



Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que lendo? Pois así o estamos a celebrar nós, vos deixamos aquí estes dous libros do noso homenaxeado para que o leades e o disfrutedes.

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!!!




domingo, 17 de abril de 2016

QUENTANDO MOTORES

Xa temos moi cerquiña a gran festa do Día do libro e na biblio de Atios quentamos motores con numerosas actividades en torno á lectura; nas últimas semanas están a ter lugar algúns dos apadriñamentos lectores que tanto nos gusta ter no noso centro, neste caso as fotos son as dos nenos e nenas de quinto que fixeron as delicias dos alumnos e alumnas de primeiro coas súas lecturas.




Tamén o contacontos Iago fixo oas delicias dos rapaces e rapazas do primeiro ciclo coas súas historias ...



Uuuuuuuhhhhmmm, a que xa tedes ganas de festa?..... Xa queda pouquiño, nuns días celebraremos en Atios o Día do Libro e para que a vaiades abrindo boca vos adianto algunha foto do que vai ser o noso Día do libro:




Xa vos ule a libro?.... O mércores que ven vos contaremos a historia desta e outras fotos, polo de pronto que saibades que todos estamos invitados ese día a tomar na cafetería un marabilloso cafeíño acompañado de letras.

mércores, 6 de abril de 2016

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

Esta semana a biblioteca de Atios visteuse de festa con dúas actividades que fixeron as ledicias dos nosos alumnos e alumnas.

En primeiro lugar, o pasado luns os alumnos de terceiro de secundaria tiveron a sorte de contar de novo coa visita do autor Marcos Calveiro,que nesta ocasión veunos presentar o seu novo traballo "As palabras poden matar"; con el disfrutamos dunha marabillosa charla na que tivemos a oportunidade de coñecer polo miudo o contido da súa nova obra e a personalidade deste autor tan afamado.



Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas de primaria, para eles as compañeiras de sexto escolleron e leron uns marabillososo poemas dun libro que tedes todos á vosa disposición na nosa biblioteca, trátase de "Versos del bosque", un libro de poemas para nenos, ambientado nos nosos bosques e delicadamente ilustrado co que poderedes gozar lendo e vendo.


Gracias ás nosas lectoras de hoxe por amenizarnos os recreos coas súas lecturas!!!