En primeiro lugar, o pasado luns os alumnos de terceiro de secundaria tiveron a sorte de contar de novo coa visita do autor Marcos Calveiro,que nesta ocasión veunos presentar o seu novo traballo "As palabras poden matar"; con el disfrutamos dunha marabillosa charla na que tivemos a oportunidade de coñecer polo miudo o contido da súa nova obra e a personalidade deste autor tan afamado.
Hoxe tocoulle o turno aos nenos e nenas de primaria, para eles as compañeiras de sexto escolleron e leron uns marabillososo poemas dun libro que tedes todos á vosa disposición na nosa biblioteca, trátase de "Versos del bosque", un libro de poemas para nenos, ambientado nos nosos bosques e delicadamente ilustrado co que poderedes gozar lendo e vendo.
Gracias ás nosas lectoras de hoxe por amenizarnos os recreos coas súas lecturas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario