xoves, 21 de abril de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO POR TODO O ALTO!!!!

Estes días no cole de Atios se multiplicaron as actividades para celebrar o Día do Libro por todos os recantos da escola:




Os nenos de Infantil e Primaria adicaron estes días a coñecer un pouquiño máis a figura de Cervantes, do cal se cumplía o 400 aniversario do seu nacemento, e o seu Don Quijote; elaboraron magníficos debuxos e marcapáxinas que empregamos para decorar os corredores da escola e a cafetería na que onte, durante toda a mañá tivo lugar un precioso maratón de lectura no que os nenos enenas de 2º a 6º, e tamén algúns pais, leron diversos fragmentos de Don Quijote en castelá, en galego, en portugués, ... porque se hai unha obra literaria universal, esa é a do Quijote. As lecturas estiveron presididas por un marabilloso mural que pintou para nós o pintor Manolo Carballo ao que dende aquí queremos felicitar polo traballo realizado e agradecer a colaboración prestada na celebración do noso Día do Libro.


Se queredes coñecer algo máis a Don Quijote e o seu inseparable Sancho, vos deixamos aquí algúns títulos:





Os alumnos de secundaria tamén participaron no maratón, pero ademáis tiveron a oportunidade de coñecer e dialogar co escritor Mario Caneiro ao que este ano lle adicamos o noso Día do Libro no CPI de Atios.



Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que lendo? Pois así o estamos a celebrar nós, vos deixamos aquí estes dous libros do noso homenaxeado para que o leades e o disfrutedes.

FELIZ DÍA DO LIBRO A TODOS!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario