mércores, 20 de decembro de 2017

BO NADAL DENDE A BIBLIOTECA DE ATIOS

Acabamos de colgar na web do cole as nosas suxerencias de lectura para estas vacacións, para que os agasallos de nadal inclúan tamén lecturas marabillosas como as que seleccionamos coas que poidades desfrutar nestes días de merecido descanso.

Tamén vos deixamos aquí as fotos da exposición de libros que fixemos estes días na biblioteca e do mural que elaborou a profe Loli para desexarvos a todos unhas magníficas festas de nadal.



luns, 27 de novembro de 2017

BIBLIATIOS CONTRA A VIOLENCIA


Hoxe conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero no CPI de Atios e a biblioteca acolleu o contacontos que prepararon os nenos e nenas de 1ºA que leron IRIÑA BAILARINA para os seus compañeiros, un conto precioso que nos lembra a todos que as rapazas, igual que os rapaces,  teñen dereito a decidir o que queren comer, o que queren vestir e a que queren adicar o seu tempo de lecer.

Vos deixamos aquí unhas fotos do contacontos de hoxe e algunhas suxerencias de lectura desas que a nós tanto nos gustan porque nos invitan a reflexionar e plantear interrogantes nesta SEMANA CONTRA O MALTRATO:








UN ANO MÁIS, TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!


luns, 13 de novembro de 2017

SAMAÍN NA BIBLIOTECA DE ATIOS


As actividades do samaín encheron todos os recunchos da escola estes días e por suposto tamén a biblioteca, en forma de libros cheos de pantasmas, bruxas, cabazas, vampiros e todo tipo de seres arrepiantes, e tamén en forma de contacontos. Durante varios días os rapaces e rapazas de sexto léronlles contos de medo aos demáis rapaces e rapazas de primaria.

Aquí vos deixo algunhas fotos destes días .....




E tamén vos deixo algúns consellos de lectura para estes días:






venres, 19 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Onte celebramos no CPI de Atios o Día das Letras Galegas, bueno en realidade levamos varias semanas a celebralas posto que nas aulas se suceden diversas actividades para coñecer ao autor homenaxeado este ano, o ourensán Carlos Casares, se sucederon as diversas lecturas sobre a súa obra, os traballos de ilustración sobre fragmentos da súa obra, os relatos confeccionados a partires dos personaxes dos seus libros, e tamén os ensaios de   obras de teatro en galego - unhas sobre obras do oautor e outras doutros autores pero sempre en galego.

Coas ilustración e os relatos escritos os alumnos do centro participaron nun relato de debuxo e relato curto convocado polo Concello de Valdoviño en relación co autor Carlos Casares.

Coas obras de teatro onte e máis hoxe estamos a asistir a un ciclo de teatro protagonizado polos propios alumnos do centro; algunhas desas obras participarán no certame TEATRO CON G que se celebra todos os anos no concello de Ferrol e o vindeiro venres tamén será unha obriña de Carlos Casres a que leven os rpaces de 4º A ás LECTURAS COMPARTIDAS cos maiores da parroquia de Vilarrube.

Algunha das obras de Carlos Casares foron utilizadas nos apadriñamentos lectores como ocorreu o pasado martes que os alumnos de 4º lles leron "Lolo anda en bicicleta" aos rapaciños de 2º.





Non hai mellor excusa que o DÍA DAS LETRAS GALEGAS para aproveitar a coñecer un novo autor da nosa literatura galega, e sen dúbida Carlos Casres é un deses autores que merece ser coñecido e lido por todos. 






venres, 12 de maio de 2017

PRIMAVERA DE FLORES E LECTURAS


A pasada semana  o CPI de Atios deulle a benvida á primavera coa celebración da festa dos Maios, xa habitual no noso centro educativo. É unha festa que a todos nos gusta. o arrecendo das flores exténdese por toda a escola, confeccionar os maios e a alfombra de flores é un dos momentos máis divertidos no ano, e os cantos das cancións dos maios arredor da alfombra é un momento realmente emocionante.


A biblioteca celebrou a chegada da primavera con lecturas; nesta ocasión foron os rapaces de 4º B os encargados das nosas LECTURAS COMPARTIDAS, os que se desplazaron á parroquia de Lago para lerlles aos veciños a obra "Os doutores da inseguridade social". Con eles falaron despois das lendas da zona, incluídas algunhas lendas de Valdoviño. Estas son algunhas fotos do día.





FELIZ PRIMAVERA PARA TODOS E BOAS LECTURAS!

venres, 28 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2.017

Hoxe celebramos no CPI de Atios o Día do Libro, este ano adicado ao escritor Lolo París, co que tivemos a sorte de compartir un pequeno acto na Casa da Cultura. Alí, os rapaces e rapazas de Secundaria poideron coñecer un pouco da súa vida e a súa obra e conversar con el; da súa man poidemos saber que o seu interese pola lectura e a escritura  venlle dende neno, que empezou a escribir por amor, que Pantín é o lugar no que reside dende hai máis de coarenta anos e que nel se refuxia ao lado da súa querida praia,  que Lolo París non vende os seus libros- os autoedita e os agasalla aos seus amigos, e que cada día adica hora e media do seu tempo a escribir, e deixar por escrito os seus pensamentos e sentimentos.

Vos deixamos na web do cole unha presentación elaborada por varios alumnos do centro e aquí debaixo algunhas das fotos do encontro de hoxe con Lolo París.








luns, 27 de marzo de 2017

DÍA DO TEATRO


Hoxe 27 de marzo celébrase en todo o mundo o Día do Teatro e que mellor maneira de celebralo que facendo teatro? Pois eso fixemos hoxe! Teatro!


Os rapaces e rapazas de terceiro A fixeron as delicias dos seus compañeiros cunha representación preciosa da obra " O paxariño ferido".

venres, 24 de marzo de 2017

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O pasado martes 21 de marzo celebrouse o Día Mundial da Poesía e co gallo desta celebración aproveitamos para encher a biblioteca do CPI de Atios e máis os corredores de poemas marabillosos que acompañan a chegada da primavera a Valdoviño. Coma todos os anos, o centro está a participar no concurso de Poesía e Imaxe que nos propoñen dende o Equipo de Normalización, e os cortizos dos corredores amosan as ilustracións de diversos poemas seleccionados para a ocasión.



Aproveitade estes días de frío que nos van ter uns días pechados na casa, e tamén os fantásticos días de sol que nos esperan nesta recén estreada primavera para ler  poesía, aquí van algunhas suxerencias ....





DESFRUTADE LAS LECTURAS!!!!

xoves, 9 de marzo de 2017

SEGUIMOS COMPARTINDO LECTURAS

Dentro do noso proxecto de Bibliotecas Solidarias esta vez lle tocou o turno aos alumnos de 6ºA que esta vez se desplazaron á parroquia de Vilaboa para lerlles aos veciños de Loira e Vilaboa e conversar con eles sobre a festa do entroido e as lendas da zona.




Dende o equipo de bioblioteca queremos agradecerlles moito tanto aos alumnos como á súa titora a súa implicación na actividade nunhas datas tan complicadas en calquera centro educativo como as do entroido. e agradecer tamén á corporación municipal o seu apoio nos desplazamentos e a´s xestións cos veciños. MOOOOOITAS GRACIAS E PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

luns, 20 de febreiro de 2017

HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

O pasado, 17 de febreiro, celebrouse no Auditorio de Ferrol un acto de homenaxe ao querido Agustín Fernández Paz, un mestre incansable e un escritor ben coñecido por todos, sobre todo na comarca ferrolá. 

O CPI de Atios aportou o seu graiño de area a esta homenaxe en representación do Concello de Valdoviño, coa proxeción dun audiovisual baseado nunha obra do autor: "O segredo da Illa Negra"



O traballo recolle a representación desta obra que os rapaces de 5º fixeron no local social de Meirás dentro do proxecto "Bibliotecas Solidarias" e tamén outros traballos que se realizaron nas aulas os cales foron inspirados na lectura desta e outras obras de Agustín. Só tedes que entrar en Atios TV para ver o vídeo. 

COÑECEDES A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ? LÍCHEDES ALGO DEL? 
DENDE A BIBLIO DE ATIOS VOS ACONSELLAMOS QUE NON DEIXEDES DE FACELO!

martes, 14 de febreiro de 2017

NAMORADOS... DOS LIBROS

O día de hoxe transcurreu no CPI de Atios entre cartas de amor que alumnos, mestres e demáis persoal do centro estivemos a escribir nos últimos días e que hoxe foron repartidas no colexio.


E tamén por suposto entre lecturas ben agarimosas, coma por exemplo este libro que Lucía e Sabela de sexto leron para todos os usuarios da biblioteca:







FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN A TODOS E MOITOS BICOS!!!!!

luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ

Hoxe e mañá celebramos no CPI de Atios o Día da Paz e para iso organizamos un  pequeno encontro de todo o alumnado do colexio no patio cuberto onde os rapaces de Secundario fixeron algunhas lecturas para todos e os rapaces de primaria bailaron e nos lembraron a todos a importancia da convivencia e o perdón en cada un dos nosos actos máis cotiás.



A biblioteca tamén quixo aportar o seu graíño de area a esta celebración, un graíño de area en forma de lectura; nesta ocasión son os rapaces e rapazas de sexto os encargados do nosos contacontos da Paz que van representar para todos un conto titulado "O Regalo" e un par de poemas "Sólo tres letras" e "A paz nas nosas mans".








FELIZ DÍA DA PAZ A TODOS!!!

LECTURAS COMPARTIDAS

O CPI de Atios estes días é un fervedoiro de actividades, a semana pasada tivemos a ocasión de coñecer a Pablo, un home de Meirás que nos deixou a todos abraiados polo seu traballo de recuperación da toponimia locale co que falamos dos nomes das rochas e das pedras da costa de Meirás que el aprendeu de seu pai e dos percebeiros da zona.



Tamén contamos coa visita de Marcos Rodríguez, o protagonista real da película "Entrelobos", que nos deu a todos unha lección de humildade e espertou en todos nós unha sinceira admiración cando coñecimos a súa historia de supervivencia en Serra Morena, en plena natureza, sen máis compaña que os animais do monte. Conel todo o CPI de Atios aprendeu a oubear coma auténticos lobos.



A semana pasada tamén, a biblioteca do CPI de Atios visteuse de longo para estrear un novo proxecto co que estamos moi ilusionados, un proxecto que bautizamos co nome de LECTURAS COMPARTIDAS FORA DO CENTRO COS NOSOS MAIORES. O programa consiste nunha saída mensual dunha titoría a unha das parroquias de Valdoviño para facer unha lectura, unha obriña de monicreques ou un Kamishibai ante os máis maiores dolugar,lectura que posteriormente vai acompañadare dunha pequena transacción de xeito que os alumnos de Atios ofrecen unha lectura aos máis vellos a cambio de que estes lles falen sobre un tema previamente acordado en función da data da saída (magosto, samaín, nadal, antroido, refráns, adiviñas, toponimia….).



Nesta primeira ocasión a lectura escollida foi "O segredo da illa negra" de Agustín Fernández Paz e dúas titorías foron as encargadas da mesma, 5º A e 5ºB; o lugar escollido para o encontro foi nesta ocasión a parroquia de Meirás e alí estiveron moitos maiores para contarlles aos nosos alumnos historias de vellos mariñeiros e percebeiros da zona. 

luns, 16 de xaneiro de 2017

DÍA DOS USUARIOS DAS BIBLIOTECAS

O día 11 de xaneiro se celebra o Día Mundial dos Usuarios das Bibliotecas; hoxe o celebramos nós na biblioteca do CPI de Atios.


O celebramos cunha entrega de diplomas aos axudantes na biblioteca durante o primeiro trimestre e co recibimento dos novos axudantes que colaborarán nas tarefas diarias de préstamo de libros.





Despois disfrutamos xuntos dunha nova lectura, Nat y el secreto de Eleonora, un libro magnífico ambientado nunha enorme biblioteca habitada polos personaxes de conto marabillosos que todos coñecemos: o capitán Garfio, Alicia, Carapuchiña bermella, ... e Nat dándolles vida en cada unha das súas lecturas.

FELICIDADES A TODOS OS USARIOS QUE DÍA A DÍA ENCHEN A BIBLIOTECA DO CPI DE ATIOS!!!