xoves, 5 de abril de 2018

A BURRA RAMONA

Dentro do proxecto interdisciplinar de centro adicado á igualdade, DNI: DIFERENTES NA IGUALDADE, o alumnado de primeiro ciclo está a traballar sobre a escritora Paula Carballeira. Arredor da súa obra terá lugar un maratón de lectura alá polo DÍA DO LIBRO pero hoxe os alumnos de 2º A fixeron un adianto e leron para os seus compañeiros de primeiro unha das historias de Paula Carballeira, o conto titulado A BURRA RAMONA, empregando o Kamishibai que a todos nos encanta.


As fotos non son as mellores pero a lectura foi marabillosa, a todos nos gustou esa burra testá que quedaba parada no medio do camiño para adicar tempo ao seu soño favorito, VOARRRR.

Voade todos con nós lendo este e outros dos magníficos contos de paula Carballeira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario