O pasado venres día 13 tivo lugar un novo encontro entre o alumnado de Atios e as parroquias de Valdoviño; esta vez foi o turno de 5º A que acudeu ao local social da parroquia de Pantín para atoparse cos seus veciños.
Esta sesión das lecturas compartidas levou ata Pantín a vida e logros de mulleres destacadas da nosa historia, coma por exemplo Emilia Pardo Bazán, Ángeles Alvariño, Marcela Gracia ou Rosalía de Castro; e tamén de mulleres contemporáneas coma por exemplo Bethany Hamilton.
Cun mandil coma o que vemos na fotografía os nenos e nenas de Atios lles lembraron a todos os veciños que só educando en igualdade, ensinando a facer un axeitado reparto das tarefas nos fogares, é posible acadar unha igualdade real e unha sociedade máis xusta.
NORABOA RAPACES, RAPAZAS E MESTRES DE 5º POLAS LECTURAS COMPARTIDAS DESTE DÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario