luns, 21 de decembro de 2020

Suxestións de lecturas para o Nadal

 Velaquí tedes as suxestións de lectura para este atípico Nadal 2020, recompiladas polo equipo de biblioteca e marabillosamente maquetadas por María nesta preciosa presentación.

Grazas, María, pola túa arte!!




martes, 24 de novembro de 2020

Exposición 25 de novembro Día da Non violencia de xénero

 Dende a Biblioteca queremos facer a nosa achega para toda a comunidade educativa na celebración do 25 de novembro e para iso, organizamos unha exposición de libros que tratan os temas da igualdade, a non violencia, a igualdade de oportunidades e a visibilización do traballo feito por mulleres.


Na exposición poderedes atopar libros para todas as idades e que abordan o tema dende perspectivas moi diferentes: humorística, como Cutremamá ou Até as princesas soltan peidos; ensaística, como Pioneiras. Galegas que abriron camiño; ficcionada, como A aprendizaxe de Betsy ...). Como as exposicións so teñen sentido se teñen público, queremos animarvos a subir a vela. Lembrade que todos os libros da exposición se poden levar en préstamo!!



Colaboran o EDLG e o EACE do CPI de Atios.

 

venres, 20 de novembro de 2020

Os alumnos de 6º de Primaria explican a CDU

 A Biblioteca do CPI de Atios ten a honra de ofrecervos unha das mellores explicacións da CDU (Clasificación Decimal Universal) que temos visto xamais. Sabedes que a CDU é o sistema polo que se clasifican os libros nunha biblioteca cando estes están organizados por materias; pois ben, os alumnos de 6º de Primaria do noso cole téñeno tan claro que elaboraron esta explicación para toda a comunidade educativa, exemplos incluídos!!

Non o perdades, clicade na imaxe embaixo para acceder ao vídeo. Noraboa aos alumnos é á súa profe!!!

Sumario CDU - Bibliopos: Biblioteca de recursos para Bibliotecarios y  Opositores

xoves, 12 de novembro de 2020

Neurocientífica galega nas aulas do CPI de Atios

O vindeiro luns 16 de novembro teremos a honra de conectarnos a través de videoconferencia coa neurocientífica lucense Sonia Villapol Salgado que falará cos nosos alumnos de 4º ESO.

A Dra. Villapol licenciouse en  Bioloxía na especialidade de Bioloxía Molecular e Biotecnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universitat Autònoma de Barcelona coa cualificación de sobresaliente cum laude.

 Exerceu como profesora na Facultade de Medicina da Universitat Autònoma de Barcelona; en París, traballou no Hospital Robert Debré nun equipo de investigación do Institut National de la Santé et de la Recherche Médicale; e nos Estados Unidos, tamén foi profesora no departamento de Neurociencia da Universidade de Georgetown.

Actualmente, forma parte do Equipo de Investigación Internacional de covid-19, coordinando un equipo internacional de neurocientíficos que analiza como afecta o coronavirus ao cerebro e ao sistema nervioso.

Todos agardamos con impaciencia que chegue o luns!! Mentres tanto, clicade sobre a foto de Sonia para acceder a un prezi e saber máis sobre ela.

Agradecemos moitísimo aos equipos EDLG e EACE a súa colaboración e o seu traballo, que fixo posible a presenza virtual dunha científica galega nas nosas aulas.


sábado, 7 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego en todas as Bibliotecas da rede pública da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como nas bibliotecas escolares de toda Galicia. O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolverá entre os días 7 e o 28 do vindeiro mes, é sensibilizar aos máis novos sobre a necesidade de empregar o galego na literatura científica.

Ao longo deste mes, poderedes atopar na biblio do cole unha selección de libros sobre ciencia para todas as idades que realizou o equipo da Biblio en colaboración co EDLG. Botade un ollo nas novas estanterías brancas e lembrade que se poden levar libros en préstamo.













Embaixo déixovos un exemplo de libros súper interesantes; é un enlace, clicando na imaxe lévavos a unha páxina de Pinterest con moitas outras deliciosas suxestións.


E aquí unha recompilación de materiais de ciencia en galego (a imaxe tamén é o enalce).


Poñede a bata de laboratorio e mans á obra!!

EDLG e Biblioteca do CPI de Atios.


sábado, 31 de outubro de 2020

Letras 2020: Ricardo Carvalho Calero

 Onte venres 30 de outubro todo o profesorado e alumnado do CPI de Atios celebramos xuntos (pero non revoltos) as Letras 2020 dedicadas a Ricardo Carvalho Calero. Cada grupo na súa aula, pero simultaneamente, traballou os contidos didácticos e lúdicos seleccionados polos seus profes. Malia algún problema de conexión á rede, a sesión foi moi produtiva e deu froitos coma este vídeo realizado cos debuxos dos alumnos de infantil.


Nesta outra imaxe podemos ver a un grupo de 3º ESO traballando os contidos en liña.



xoves, 29 de outubro de 2020

Celebrando a Ricardo Carvalho Calero

Boa mañá deste 30 de outubro de 2020 en que se conmemora o nacemento de Ricardo Carvalho Calero no ano 1910 en Ferrol. 

Como sabedes, foille dedicado o Día das Letras 2020; debido á  Covid-19, non se puido celebrar en maio por estarmos todos confinados na casa, polo que quedou adiado ata o día de hoxe.

Para o alumnado de Secundaria:

Propoñémosvos unhas actividades divertidas para afondar e xogar coa súa  figura e obra. Facédeas por orde clicando nos enlaces (ou copiando e pegando o enderezo no voso navegador).

Agardamos que realizar estas actividades sexa tan divertido para vós como preparalas e escollelas foi para nós.


1. Documental a modo de telexornal realizado polo alumnado do CPI dos Dices (Rois): https://youtu.be/o-LfGDiXTO

2. Infografía realizada por alumnos do CPI de Atios: https://view.genial.ly/5ecab818f3aac90d34a385ed/vertical-infographic-timeline-carvalho-calero1

3.Poesía escrita: https://carvalhocalero.lbd.org.es/poesia-2/

4.Poesía musicada: https://carvalhocalero.lbd.org.es/obra-musicada/

5. Certame musical “Musicando Carvalho Calero”, con cancións baseadas nos seus poemas: https://www.youtube.com/playlist?list=PLVjdxGh4wJq2kk2hZXuURpvudSQcWGyIv

6. O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero. Xogo: https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020

7. Escape Room: https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20

8.Vídeo das rapazas de 4º ESO A interpretando musicalmente o poema “Enviarei-che esta canción”: https://drive.google.com/file/d/198YhlGgNWjX_K0Ebl9vydZZa2LR7nqPc/view?usp=sharing

Para o profesorado de Infantil e Primaria:












Estes son os enlaces para ver os traballos feitos polo alumnado da ESO, 1º Ciclo de Primaria, e 2º Ciclo de Primaria:

https://www.youtube.com/watch?v=K2qZrfzMDik - Feito por alumnado de ESO

https://www.youtube.com/watch?v=Wc4e_RXs63w - “As pitas baixo a chuvia” feito polo alumnado de 2º ciclo de Primaria.

https://www.youtube.com/watch?v=cf6ZAx5aECE - “As pitas baixo a chuvia” feito polo alumnado de 1º ciclo de Primaria.


luns, 26 de outubro de 2020

Infantil celebra o Día das Bibliotecas

 Esta mañá os nosos alumnos de educación infantil elaboraron un traballo para conmemorar o Día das Bibliotecas. Baseáronse no conto Nicolás va a la biblioteca e a partires de aí, cada neno fixo a súa propia interpretación dunha biblioteca debuxándose a si mesmo dentro dela.



Estes son algúns dos seus traballos.


Agardamos que desfrutedes con eles tanto como o fixemos nós.

Feliz Día das Bibliotecas a toda a comunidade educativa 
do CPI de Atios!!


sábado, 24 de outubro de 2020

Día Mundial das Bibliotecas

Celebramos este 24 de outubro, Día Mundial das Bibliotecas, coa historia dunha biblioteca que renaceu: a Biblioteca de Alexandría.


A antiga Biblioteca de Alexandría naceu no século III a.C., na cidade exipcia de Alexandría, na costa do mar Meditarráneo, e recibiu o seu nome do seu fundador Alexandre o Magno. Foi unha das bibliotecas máis importantes e un dos maiores centros de difusión do coñecemento da Antigüidade. Formaba parte dunha institución de investigación coñecida como Museion. A pesares da crenza xeneralizada de que a biblioteca foi incendiada e destruída de forma catastrófica, en realidade fue decaendo gradualmente ao longo de varios séculos ata que desapareceu no s. III d. C.


A moderna Biblioteca Alexandrina está situada tamén na cidade de Alexandría. Foi construida en conmemoración da antiga Biblioteca de Alexandría.




O tellado é circular, en homenaxe ao deus exipcio Ra, deus do Sol, e reflexa a luz do sol cara ao mar Mediterráneo, en lembranza do famoso Faro de Alexandría.


Na fachada de granito están gravados todos os alfabetos coñecidos no planeta.




Datos:

- Inauguración: 2002.

- Superficie: 36 770 m2.

- Altura: 33 m. Consta de once niveis, catro dos cales son subterráneos.

- Recubrimento exterior: 6.400 paneles de granito.

- Aforo: 2000 personas.

- Plantilla de traballadores: 600 funcionarios.

- Capacidade de almacenaxe: 20 millóns de libros.

- Fondos bibliográficos actuais: 200.000 libros, 50.000 mapas, 10.000 manuscritos, 50.000 libros únicos, 10.000 archivos multimedia de audio e 50.000 visuais.

Enlace á páxina web, dispoñible en árabe, inglés e francés:

https://www.bibalex.org/en/defaut



xoves, 1 de outubro de 2020

Pasamento de Quino

Onte 30 de setembro de 2020, faleceu o debuxante arxentino Joaquín Salvador Lavado, coñecido como Quino, creador do personaxe entrañable e eterno de Mafalda, así como dos amigos que a acompañan e encarnan as diversas caras da natureza humana.


Déixovos aquí o artigo do diario arxentino Clarín no que se recolle o seu pasamento e un resumo da súa vida e obra.

Un dos principais valores da obra de Quino é que segue a ter vixencia hoxe en día.

Ata sempre, Quino!
Como despedida, clicando aquí atoparedes a homenaxe en forma de debuxos que se lle fixo a Quino (recollida en Verne- El País). 


martes, 15 de setembro de 2020

ARRANCA UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA DE ATIOS

O equipo da biblioteca quere dar a benvida neste novo curso 2020-21 a toda a comunidade educativa do CPI de Atios. 

Xa estamos por fin de volta...

Benvidos!!!!!




xoves, 18 de xuño de 2020

MOI FELICES VACACIÓNS A TODOS E TODAS... E MOI BOAS LECTURAS



Xa chegaron as ansiadas vacacións de verán e a dende a biblio de Atios, aparte de desexarvos un magnífico verán queremos suxerirvos un verán cheo de lecturas, na praia, á sombra dunha figueira, nunha hamaca, onde queirades pero sempre, sempre desfrutando porque o verán merce ser ben disfrutado.

Tedes as nosas suxerencias de lectura para este verán publicadas na web do cole.





MOI FELIZ VERÁN¡¡¡¡¡

venres, 12 de xuño de 2020

O CONTO DO CORONAVIRUS


Os nenos e nenas de Atios levan días a traballar dende as súas casas. Nestes dous meses fixeron traballos fantásticos dos que vos colgamos aquí algunhas mostras. Hoxe vouvos ensinar o conto que fixo Inés de 1º A sobre o tema do coronavirus.


Xa vedes que no cole de Atios temos nenos e nenas con madeira de escritores¡

Gracias Inés por este traballo tan chulo¡

luns, 1 de xuño de 2020

AS PITAS BAIXO A CHUVIA

Os nenos e nenas de primeiro e segundo prepararon un precioso vídeo sobre o conto de Carballo Calero, narrado coas voces do alumnado de segundo, e ilustrado polos pequeniños de primeiro.



O tedes en Atios TV pero tamén volo deixamos por aquí para que disfrutedes del¡¡¡

sábado, 23 de maio de 2020

A FESTA DO LIBRO


Sabedes que polo Día do Libro lanzamos unha proposta ao aire e animamos ao alumnado de Atios a recrear portadas de libros, foi unha actividade que gustou moito e recibimos moitas e marabillosas recreacións das que hoxe vos deixo outra remesa.

Neste caso foron Daniel, Lucía e Martín de 4º A os que se animaron a imitar as portadas dos seus libros favoritos.





COMO VEDES EN ATIOS TAMÉN EN MAIO CELEBRAMOS A FESTA DOS LIBROS PORQUE NON ME DIREDES QUE NON APETECE CON ESTE SOLECIÑO SENTARSE A LER UN PEDACIÑO Á SOMBRA DUNHA BOA ÁRBORE?

mércores, 20 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Hoxe, Inés de 1º A de primaria vos trae a súa recomendación lectora, a de Tomás o bromista, un conto do que ela mesma vos le un pedaciño.





Moitas grazas Inés¡¡¡¡¡

luns, 18 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS DENDE AS NOSAS CASAS PERO CON OLOR A PRIMAVERA


Onte se celebrou o Día das Letras Galegas e toda Galicia foi un fervedoiro de de imaxes que ían e viñan polas redes sociais para lembrarnos a todos e todas a marabillosa lingua que temos, e os libros e os autores que empregan o galego para contarnos historias fantásticas, para transmitirnos os seus sentimentos, para engrandecer unha lingua que xa de por si é xigante.





O COVID-19  que tantas cousas cambiou nas nosas vidas, impideu que as celebracións das Letras Galegas poideran levarse a cabo con normalidade e por iso a celebración oficial terá lugar no mes de outubro; con todo, na biblio de Atios non queremos deixar pasar a data do 17 de maio sen adicarlle un espacio no noso blog ao homenaxeado deste ano, a Ricardo Carballo Calero, veciño do concello de Ferrol.


E por iso na escola quixemos traballar a figura deste autor e afondar no coñecemento da súa biografía e obra; neste momento estanse a elaborar diversos traballos cos nenos e nenas de Atios dos que teredes boa conta na web do cole  e na TV de Atios e dos que vos deixo aquí un pequeno adianto, neste caso dos traballos que están a facer os nenos de primeiro sobre o conto titulado AS PITAS BAIXO A CHUVIA.






FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS, UN DÍA QUE NO COLE DE ATIOS QUEREMOS EXTENDER A TODOS OS DÍAS DO ANOS PORQUE SEMPRE É BO MOMENTO PARA DESFRUTAR DA LECTURA EN GALEGO.

martes, 12 de maio de 2020

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO TAMÉN FESTEXARON O DÍA DO LIBRO


Hoxe me chegou unha  foto de Matilde da clase de segundo recreando a portada dun libro que se titula Mortiña; vola deixo aquí para que a disfrutedes.





Sei que os seus compañeiros realizaron vídeos con suxerencias de lectura que esperamos poder colgar axiña aquí no blog da biblio.

MOITAS GRACIAS  AO ALUMNADO DE SEGUNDO E AOS SEUS MESTRES POR PARTICIPAR CON NÓS NA FESTA DOS LIBROS¡¡¡¡¡¡

mércores, 6 de maio de 2020

OS PEQUENIÑOS TAMÉN SE ANIMARON COAS PORTADAS

Mirade que divertidos os profes e profas de infantil neste vídeo no que animaron aos seus nenos e nenas a celebrar con nós o Día do Libro¡¡¡


E que me dicides das portadas dos pequerrechos de Atios?


SEGUIMOS A FESTEXAR O DÍA DO LIBRO



Tamén os alumnos e alumnas de 5º A se animaron e recrearon as portadas dos libros que os están a acompañar nestes días de cuarentena... mirade que chulas¡¡¡¡


SEGUIMOS RECREANDO PORTADAS



Desta vez son os nenos e nenas de 5º C os que se animaron a recrear as portadas dos seus libros favoritos, aquí vos deixo as súas imaxes... MOITAS GRAZAS RAPACES, E GRAZAS TAMÉN Á PROFE BLANCA POLA MONTAXE¡¡¡¡¡






luns, 4 de maio de 2020

RECREANDO PORTADAS

Vos lembrades da proposta que vos fixemos polo Día do Libro, no sentido de recrear portadas de libros para enviarnos e conmemorar así a celebración?

Pois aquí tedes dúas desas portadas recreadas, a de Julia e a de Martina de 1º A de Primaria.

Julia é unha apaixoada de Isidora, un libro que trae moitas veces á escola para lerllo aos seus compañeiros e do que hoxe vos trae a súa particular versión.


Martina é outra magnífica lectora da nosa escola e nesta ocasión nos trae un libro adicado a unha gran muller, Madame Curie, á que ela imita fantásticamente.


Que me dicides da foto de Bruno, e a súa irmá, recreando a portada deste libro dos Bolechas?... a que están divertidos!!!!!


Tamén Carolina se animou a recrear unha portada para nós, neste caso a do libro Margarita Metepatas, unha rapaza que acaba metida nunha morea de enredos moi divertidos.



Icía se abrigou ben abrigadiña para recrear a protagonista do libro de Enid Blyton que ela nos propón. e que se titula La niña que encontró una moneda.


Martín nos ensina un libro titulado "De mayor quiero ser feliz", foi un agasallo que recibeu polo Día do Libro e como lle gusta moito nolo recomenda a todos, o capítulo 3 adicado á empatía, é o seu favorito.



E aquí tedes a Alejandra e a súa irmá que prepararon a portada dun libro que se titula " Me gusta"


Moitas gracias Julia, Martina, Bruno, Carolina, Icía , Martín, Alejandra e Icía ¡¡¡¡¡

venres, 1 de maio de 2020

CONTACONTOS DO NOSO ALUMNADO: POR QUE?

Hoxe atopei cunha sorpresa marabillosa coa que poder desfrutar nun día festivo coma o de hoxe; trátase dun traballo realizado polos alumnos e alumnas de 4º A que lle puxeron texto e voz a este fermoso conto titulado Por que?

MOITAS GRAZAS RAPACES E RAPAZAS, E GRAZAS ALBA POLO VOSO TRABALLO!!!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NOSO ALUMNADO

Os alumnos de cuarto A queren colaborar co noso blog e elaboraron unha serie de recomendacións sobre os libros que están a ler nas súas casas durante este tempo de peche nas casas que vos deixo a continuación dándolles de antemán as gracias a eles e á súa titora polo seu traballo.


Sentimientos.
AUTOR: Varios autores.
ILUSTRADOR: Con ilustracións de Suzanne Woolcott.
EDITORIAL: BEASCOA
DE QUE TRATA?
O personaxe principal e Gorjuss e trata de varias poesías con sentimentos para facerte sentir ben.
OPINIÓN PERSOAL:
A min gústame moito porque a poesía e moi bonita e fai que te sintas ben.
Daniela Fernández van Egmond




El gato. Mira cómo crezco.
EDITORIAL: Edebé
DE QUE TRATA?
Forma parte dunha colección de libros sobre como medran algúns animais. Neste caso fala do ciclo de vida dos gatos: como viven, das súas características, onde poden vivir, o tipo de pelo, os bigotes...  Ao final tamén mostra as diferentes razas de gatos que podemos atopar.
OPINIÓN PERSONAL:
Gustoume moito o libro. Foi moi interesante. Recomendo que o lean todas aquelas persoas que lle gusten os gatos, xa que conta moitas cousas deles.
Aarón Rodríguez Castro



El Valle de los Esqueletos Gigantes
AUTORA:  Elisabetta Dami
ILUSTRADOR: Roberto Ronchi e Ennio Bufi
EDITORIAL:  Destino Infantil & Juvenil.
DE QUE TRATA:
Trata do personaxe principal chamado Gerónimo Stilton que trata de escribir un libro pero non é capaz ata que un día Trampita (primo de Gerónimo), lle entrega un mapa dun tesouro que estaba nun lugar chamado “El Valle de los Esqueletos Gigantes”.  Gerónimo viaxou a Mongolia co seu primo Trampita, o seu sobriño Benxamín e a súa irmá Tea xunto coa doutora Von Fosilen. Alí coñeceron a Ogotai que lles iba a axudar a chegar alí porque a doutora Von Fosilen se fora sen decir nada,  pero o día seguinte de estar no campamento Ogotai marchou co coche 4x4 e o mapa.
Se queres saber como remata esta emocionante viaxe deberás ler o libro.
OPINIÓN PERSONAL:
Todas as aventuras de Gerónimo Stilton gústanme moito pero éste libro é o que máis, e o recomendo, xa que é moi interesante porque lles pasan moitas aventuras polo medio e estás a intriga ata o último momento.
Iván Villar Pedre


 
Los mundos de Nico. Salvar internet.
AUTOR: Nicolás Segura.
ILUSTRADORA: Lourdes Navarro.
EDITORIAL: BEASCOA.
DE QUE TRATA:
Conta a historia dun neno, chamado Nico, que xoga ao videoxogo “Base Defenders” co seu amigo Dani. Un día, por sorpresa, meteuse no videoxogo e tíña unha misión especial para salvar á internet dun hacker. Por sorte, ía acompañado dos seus amigos do colexio.
PERSONAXES:
Nico, o protagonista, é un neno bastante decidido pero que necesita un empurrón para levar adiante o seu plan. Dani é o mellor amigo de Nico e acompaña sempre que pode. Cristina e o resto de personaxes aparecen ao longo da conto pero de maneira secundaria.
OPINIÓN PERSOAL:
Gustoume moito este libro. Recoméndoo a lectores aos que lles guste investigar cousiñas novas sobre internet.
Lenny Malik Aneiros Currás.

Los futbolísimos el misterio del último hombre lobo.
AUTOR: Roberto Santiago
ILUSTRADOR: Enrique Lorenzo.
EDITORIAL: SM
DE QUE TRATA? GÚSTANVOS AS AVENTURAS?
Os futbolísimos viaxan a Basarri, un pobo cerca de Bilbao, para xogar un torneo amistoso e ademais impedir que a lenda do gizotso (que un home de Basarri que se convirte en Home Lobo) se cumpra.
Nos 100 anos de historia do torneo ningún dos 2 equipos convidados logrou ganar o torneo, así que Las Ovejas de Undain e Los Lobos de Basarri, están empatados en copas a 50 cada un. Se este ano ganan Los Lobos cumprirase a maldición.
Ovellas polo campo de fútbol, ouveos de lobo...e un montón de atrancos ata chegar aos resultados das semifinais: Ovellas 1 – 0 Soto Alto e Lobos 4 – 3 Athletic Club . A final deparaba un sorprendente encontro Soto Alto VS Lobos.
O trofeo desaparece é parece que se vai cumprir a maldición.
Que podería saír mal?
Deixo que vós descubrades o final .
OPINIÓN PERSOAL:
Aquí contareivos algo sobre Pakete, o meu personaxe favorito: En realidade chamase Francisco, pero chámanlle Pakete xa que errou 5 penaltis seguidos, leva o número 7 e é o dianteiro titular do equipo.
É o meu favorito porque a pesar de errar 5 penaltis seguidos xoga ben ao fútbol e tamén é moi valente .
A min gústame toda a colección espero que a vós tamén.
Manuel Lamas Díaz


Diario de Greg 10: vieja escuela

AUTOR: Jeff Kinney
ILUSTRADOR : Jeff Kinney
EDITORIAL: Molino
DE QUE TRATA?
Greg é o personaxe do libro. É un neno ao que lle pasan moitas cousas estrañas e divertidas cos seus amigos. Nesta ocasión era verán e fóronse a un campamento de verán.
OPINIÓN PERSOAL:
Gústame moito porque ten moitas aventuras.
Martín Formoso Lago


ZEUS El grande. La búsqueda del piojo de oro
AUTOR: Crispin Boyer
EDITORIAL: National geographic Kids
DE QUE TRATA?
Na tenda de mascotas Monte Olimpo viven Atenea (unha gata), Zeus (un hamster), Ares (un can), Poseidón (un peixe globo) e Demeter (unha carricanta); son os 5 deuses que habitan Grecia. Cando é de noite viven un morea de aventuras.                   
OPINIÓN PERSOAL:
Na miña opinión é un libro moi divertido e moi animado e por iso volo recomendo.
Fernando García Martínez


Los mosqueteros

AUTOR: Alejandro Dumas 
EDITORIAL: Anaya
DE QUE TRATA?
A novela trata das aventuras dun xoven de 18 anos coñecido como D´Artagnan, que vai a París para facerse mosquetero. Xunto con outros tres mosqueteros, Athos, Porthos e Aramis, os inseparables amigos viven baixo o lema "Un para todos e todos para un".
Hugo López Doce


Tarzán
AUTOR E ILUSTRADOR: Walt Disney Company 
EDITORIAL: EVEREST
DE QUE TRATA?
Tarzan narra a historia dun neno que é atopado na selva polo gorila Kala e que se quedará a vivir con eles alí. Uns animais aceptano como seu amigo pero outros non. Pasa o tempo e Tarzan vai facéndose maior polo que terá que ir aprendendo a vivir na selva e pasar vós e malos momentos….
OPINIÓN PERSOAL:
Tarzán é un dos meus libros favoritos dende que era moi pequeno, a sua historia pareceme moi triste pero moi fermosa tamén. Ten momentos tristes e momentos de intriga que é o que máis me engancha para continuar lendo.
Hugo López Casas





Cecilia Vilela Vilela




Elisa ViIlar Amigo





Lara López García





Leila Orjales Vidal


Lucía Núñez Alvariño