Afal é unha Asociación de Familiares de persoas con demencia neurodexenerativa da Comarca de Ferrolterra, que non ten ánimo de lucro. Afal e o CPI de Atios xa organizaron en cursos anteriores os Encontros Interxeracionais, con alumnos do noso centro e usuarios e familiares de usuarios de Afal.
A Asociación colaborou na publicación dun fermoso libro titulado Recetas para el recuerdo, elaborado coas receitas tradicionais achegadas polos homes e mulleres, afectados todos eles por algún deterioro cognitivo en diferentes estadios, que acoden ao centro de día.
A partires do mércores 24 de novembro, calquera que o desexe, pode adquirir un exemplar por 15 € comunicándollo á coordinadora da Biblioteca. Os beneficios son destinados á Asociación para a realización das súas actividades cos pacientes. A Biblio de Atios xa ten o seu exemplar!!
Pinchade nos enlaces para obter máis información sobre o labor de Afal:
- enlace a Fagal: Federación de Alzheimer Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario