domingo, 21 de novembro de 2021

Novembro: mes da Ciencia en galego na Biblioteca.

 Celebramos o mes da Ciencia en Galego na Biblioteca cunha exposición de libros e unha charla sobre consumo saudable e sostible artellada por alumnos e para alumnos de Secundaria. 

Ao abeiro do proxecto Teachers for Future, os profes Irene e  Carlos puxeron en marcha a iniciativa "Merendas Saudables e Sostibles no CPI de Atios" coa que se motiva ao alumnado a reflexionar sobre os seus hábitos de consumo e melloralos co dobre propósito de beneficiar a súa saúde e a do medio. 

Con anterioridade ao comezo da actividade, que tivo lugar este luns 15 de novembro, o alumnado de 4º ESO levou a cabo un estudo dos hábitos de consumo nos recreos e dos residuos xerados. As súas conclusións, unidas a datos achegados polo profesorado participante nas aulas do impacto dos residuos no medio, nomeadamente o medio mariño, así como o modo de participación mediante un carnet e o rexistro das merendas foi explicado enteiramente por diferentes grupos de alumnos no comedor do centro.

Tamén a asociación Powerful Animals, que ten a súa sede na biblioteca, interviu para informar as súas actividades e animar aos compañeiros a participaren nelas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario