ACTIVIDADES EXTRA/COMPLEM. EQUIPO DA LINGUA GALEGA, BIBLI SOLIDARIAS, MOCHILAS VIAXEIRAS

xoves, 4 de febreiro de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o Día da Paz na biblioteca do CPI de Atios e o fixemos como a nós nos gusta con lecturas, as marabillosas lecturas que representaron para todos os usuarios da biblioteca un grupo de alumnos e alumnas da clase de 5º A de Primaria dirixidas  pola profe Loli, 


 Primeiro leron para todos nós " Na busca da paz"


E despois leron " O arco da vella"

Moitas gracias polo voso esforzo e por lembrarnos a todos que a paz se constrúe día a día con pequenos esforzos de cada un de nós.

mércores, 16 de decembro de 2015

BO NADAL A TODOS ... E BOAS LECTURAS



No CPI de Atios encántanos ler, ler a todas horas, na escola, na casa, no xardín, no bus, na sala de espera do médico, … e tamén nas vacacións; Para que todos vós enchades de lectura todos os momentos que queirades vos suxerimos estes títulos. Esperemos que vos gusten!

 PRELECTORES (0 a 5 anos)
 


Canto te quero profe!
Cristina Justo e Paloma Rodríguez
Editorial Embora

Un libriño cheo de tenrura para os lectores máis pequenos.
 


Tic, tac
Pablo Díaz
Editorial Kalandraka

Libro-CD con cancións moi animadas que non vos deixarán indiferentes.




 PRIMEIROS LECTORES (6 a 8 anos)




Querido inimigo
Agustín Fernández Paz
Editorial Rodeira

Laura tenlles moito medo aos cans… e agora os seus veciños tiñan un!!





Mini entra en acción
Christine Nostlinger
Coleción Barco de vapor, editorial SM



A tía Berta invita a Mini a pasar uns días con ela, o que ao principio parecen uns días tranquilos no campo vanse convertir nuns días ben movidiños.


LECTORES AUTÓNOMOS (9 a 11 años)


Agus y los monstruos:llega el señor Flat
Jaime Copons y Liliana Fortuna
Editorial Combel







Unha casiña branca
Marcos Calveiro
Edicións Xerais 

Conta a historia de dous nenos nun vertedoiro infindo e da súas ansias por saír dalí.







LECTORES EXPERTOS (12 a 14 años)





Fibonacci, el soñador de números 
Joseph Dágnese 
EditorialJuventud

O libro preséntanos a Leonardo que no seu día a día relacionaba todo cos números: unha flor, a espiral dunha cuncha, …





 
Pánico no bosque dos corazóns murchos
Jack Mircala
Editorial Bululú 

Trátase dun álbum magníficamente ilustrado no que o autor recrea un bosque cheo  de fantásticas criaturas.







El castillo ambulante
Diana Wyne Jones
Editorial Berenice

Sophie é enfeitizada por unha bruxa e viaxa ao castelo ambulante para atopar axuda, alí atopa a un malvado mago que se alimenta de xoves desprevenidas.






 XUVENIL (máis de 15 anos) 


¡Soy una máquina!
Jordi Sierra i Fabra
Editorial Algar


Un libro para soñar coa sociedade do futuro e desfrutar da ciencia fición e unha boa dose de humor.










  


Viaje al centro de Cityplay
Damián Montes
Editorial Algar


Relato dunha batalla a cabalo entre o mundo real e o virtual;os protagonistas descubren a través da súa consola que poden entrar nun mundo alternativo.
 

venres, 20 de novembro de 2015

SEGUIMOS A CONTOS

Este luns e martes continuaron as historias de medo na biblioteca, nesta ocasión da man dos nenos e nenas de 3º A, que representou con monicreques varias historias escritas por eles, e a 3º B que tamén leron historias de confección propia; hoxe tocoulle o turno a Madelene, a nai de Adán, e a Marcos e Iria de 4º da ESO que nos deleitaron con dúas magníficas lecturas. GRACIAS A TODOS POR TRAERNOS AS VOSAS HISTORIAS Á NOSA BOBLIOTECA!







luns, 16 de novembro de 2015

TERROR NA BIBLIOTECA

Os contos de medo son os protagonistas destes días nos recreos do CPI de Atios; o pasado xoves contamos coa colaboración de Alejandra, Elena e Andrea (5º A) que leron para os usuarios da biblioteca unha antiga lenda celta, o venres foi a quenda dos rapaces de 4º A que acompañados da profe Tereixa leron para todos unha historia ambientada en Galicia; tamén Minerva e Sara de 5º B leronpara nós un par de historias escritas por elas mesmas.





Esta semana continúan os contos de medo na biblioteca, vos seguiremoscontando.

venres, 13 de novembro de 2015

TEMPO DE SAMAÍN



Nestes días no cole de Atios andamos a voltas coa celebración do Samaín e do Magosto. Na biblioteca aproveitamos a coincidencia de datas para celebrar tamén a semana da tradición oral  escribindo contos de medo nas aulas e lendo historias terroríficas coa colaboración dos pais, os mestres e os alumnos do cole.
Nos vindeiros días iremos subindo algunhas fotos desas lecturas, mentras vos deixamos  unhas imaxes da nosa biblioteca nestes días e algunhas suxerencias de lectura para estes días nos que o tempo aínda acompaña para sentarse a ler ao soleciño de outono cunha presa de castañas quentiñas ao lado.

BOA LECTURA A TODOS!!!!


Aquí vos deixamos estes títulos  para que vos animedes a ler un pouco nestes días:


https://www.libreriaproteo.com/portadas/9/7/8/3/7/9788415497837.JPGhttp://www.vilafer.es/wp-content/uploads/2013/11/Tu-no-me-asustas.jpg


http://image.casadellibro.com/a/l/t0/05/9788497821605.jpg

martes, 27 de outubro de 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS



No CPI de Atios non queremos deixar pasar a oportunidade de felicitarvos a todos polo Día das Bibliotecas e animarvos a todos a visitarnos e visitar a biblioteca que teñades máis cerca, seguro que todos sodes capaces de atopar un libro, unha revista, unha película, ... que encha de ledicia un dos vosos ratiños de lecer.

martes, 6 de outubro de 2015

HOXE ABRE AS SÚAS PORTAS A BIBLIOTECA DO COLE

Por fin, despois de moitos días de descanso, a biblioteca de Atios abreu de novo as súas portas. Hoxe os libros dos andeis estaban de festa, botaban de menos as mans dos nenos e nenas que os acariñan cada día, e as súas risotadas cando descubren neles algo interesante ou divertido.

Xa sabedes que dende hoxe e ata fin de curso, na bibloteca de Atios estades convidados á festa dos libros!!!!