mércores, 18 de decembro de 2019

BO NADAL A TODOS


Hoxe os nenos e nenas de primeiro foron os encargados de facer o contacontos deste nadal para todo o alumnado de educación infantil.
Despois de días de ensaio e preparación dos monicreques, hoxe por fin representaron o conto do Apalpador do Courel no teatriño de monicreques da biblioteca.

Noraboa rapaces e rapazas!


O equipo da biblioteca do CPI de Atios quere desexarvos un magnífico nadal cheo de lecturas para todos e un ano novo cheo de momentos marabillosos!!!

Vos deixamos  na web do cole o noso tríptico coas suxerencias de lectura para este nadal!!!



luns, 18 de novembro de 2019

CONTACONTOS DE MEDO EN BIBLIATIOS

O pasado luns deron comezo as sesións de contacontos de medo que todos os anos preparan os alumnos e alumnas de quinto e sexto para todo o alumnado de educación infantil e primaria.
O luns tocoulles o turno  ao grupo de quinto C que representaron "O monstro dos soños" para os nosos pequeniños de infantil.


O martes foi o turno de 6ºB que fixeron unha magnífica dramatización de obra  "A noite de samaín" que nos encantou a todos o alumnado de primeiro e segundo.



O mércores o alumnado de 6º B encargouse dunha nova dramatización, neste caso foi  " A muller de negro". Que ben o fan estes rapaces e rapazas de sexto ¡¡¡¡





Mañá venres o curso de 5ºB vai dramatizar "Monstros e pantasmas" e 6º A "A lenda do xigante de Chale" o vindeiro luns.

Sen dúbida está a ser unha semana terrorífica, que aínda que pasou o Samaín, en Atios  gústanos aproveitar o mes de novembro ata o final e rir e tremer coas historias dos nosos compañeiros.

GRACIAS POLO VOSO TRABALLO PROFES E RAPAZADA DE QUINTO E SEXTO!!!!!

martes, 12 de novembro de 2019

CONTACONTOS POLO BO TRATO


Aínda co sabor das castañas na boca e disfrutando das cabazas talladas e centros de outono expostos na nosa escola,  en Atios non paramos e hoxe tivemos a sorte de contar coa presencia de Jorge e Lorena, os pais de Teo de primeiro,que fixeron as delicias de todos nós cun mix de historias ben coñecidas por todos nós (Iriña bailarina, O segredo de flora,...) nunha versión moi particular que sirveu para lembrarnosa todos e todas a importancia de loitar contra o mal trato en todos os lugares e e en todas as situacións.
Estarán na nosa biblioteca hoxe martes, o xoves e o venres para deleitarnos coas súas historias.



MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!!! AOS NENOS E NENAS DE ATIOS NOS ENCANTAN OSVOSOS CONTOS!!!!!

xoves, 7 de novembro de 2019

SAMAÍN

Estes días as pantasmas, os esqueletes e os espíritos enchen todos os recunchos da nosa escola, e por suposto tamén a biblioteca.



Parte dos libros dos andeis da biblioteca e das bibliotecas de aula apareceron soterrados durante o Samaín e seguen baixo terra en espera de que os lectores os rescaten porque xa se sabe.... que os libros morren cando non teñen lectores que percorran as súas letras e lles dean vida ás súas  historias.

Mañá celebraremos o Samaín e o Magosto na escola, as nosas festas de outono favoritas. FELIZ SAMAÍN E BOA CASTAÑADA A TODOS!!!

HOXE NOS VISITOU... ANTÓN CORTIZAS

Hoxe os nenos e nenas de educación infantil tiveron a oportunidade de escoitar a Antón Cortizas e as súas historias no transcurso do seu proxecto adicado aos animais; foi un momento marabilloso cheo de fermosas lecturas, palabras en galego e sorrisos.



xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe celebramos en Atios o Día das Bibliotecas Escolares; tivemos a grande sorte de contar coa colaboración do AMPA que se implicaron a tope coa celebración e encheron o cole de personaxes de libros.
Cando chegaron hoxe os mestres ás aulas atoparon unha nota enriba das súas mesas que lle leron a todos os alumnos do cole e dicía:


ONTE, MENTRES FACÍAMOS OS ÚLTIMOS PREPARATIVOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, OCORREU UN ACCIDENTE: VARIOS LIBROS CAERON DOS ANDEIS E ALGUNHAS PERSONAXES ESCAPARON A CORRER SEN QUE PUIDÉSEMOS FACER NADA PARA EVITALO.
SE AS ATOPADES POLO COLEXIO, NON VOS PREOCUPEDES, NON SON PERIGOSAS.
ESTAMOS A TRABALLAR PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA O ANTES POSIBLE. DESCULPADE AS MOLESTIAS

                                                         O EQUIPO DA BIBLIOTECA

Personaxes de libro coma o soldado de Alicia no país das maravillas, a fada de Cincenta, os monstros mariños de 20.000 leguas de viaxe submarina, a  protagonista de Grandes esperanzas de Dickens, ... percorreron os corredores da escola durante toda a mañá.



Durante os recreos de infantil, primaria e secundaria, os alumnos poideron desfrutar de pequenas representacións de pedaciños de libros da nosa biblioteca:
20.00 leguas de viaxe submarina
Drácula
O principiño




FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES A TODOS!!!!
MOITÍSMAS GRACIAS AOS PAIS E NAIS DA AMPA QUE HOXE ESTÁN A ENCHER O NOSO COLE DE HISTORIAS DE LIBROS MARABILLOSOS!!!

venres, 4 de outubro de 2019

BOTAMOS A ANDAR

Despois de permanecer pechada durante o verán, a biblioteca do CPI de Atios  abre de novo as súas portas. Xa  volvemos esta en marcha, xa temos novos axudantes de biblioteca, xa funciona o préstamo de libros e xa están abertas as portas da biblio durante o recreo e na hora do plan lector... todo en marcha de novo para darlles vida unha vez máis aos marabillosos libros que enchen os andeis da biblioteca.

BENVIDOS A TODOS!!!!
AGARDÁMOSOVOS A TODOS NA BIBLIO!!!!!



xoves, 20 de xuño de 2019

VACACIÓNS....CON LIBROS

A biblioteca de Atios pecha as súas portas ata o vindeiro curso. Pero temos actividade ata última hora, mirade que marcadores máis chulos elaboraron os alumnos e alumnas de secundaria arredor dos libros que estiveron a ler neste curso.....























NOS  DESPEDIMOS DE TODOS VÓS ATA SETEMBRO, VOS DESEXAMOS A TODOS UN MAGNÍFICO VERÁN CHEO DE LEDICIA E DESCANSO PARA TODOS!!!

PARA OS QUE VOS GUSTE UNHA BOA LECTURA Á SOMBRA DUNHA ÁRBORE OU NA PRAIA BAIXO UN SOL AGARIMOSO, NON ESQUEZADES BOTAR UN OLLO ÁS SUXERENCIAS DE LECTURA  QUE COLGAMOS NA WEB DO COLE!!!!

BO VERÁN LECTORES E LECTORAS DE ATIOS!!!!!!

mércores, 22 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO CPI DE ATIOS

Aínda que as titorías levan días a traballar o Día das Letras Galegas, e a facer diversas actividades para coñecer a figura do homenaxeado deste ano, Antón Fraguas, o centro concentra nesta semana as actividades das Letras.
Onte inaugurouse a exposición de obxectos antigos recopilados polos alumnos e alumnas de segundo de Primaria que levan días a imitar a Antonio Fraguas e o seu museo do pobo galego e investigando nas súas casas e nas casas dos seus avós para descubrir esas pezas antigas que nos contan pedaciños da nosa historia máis recente: chisqueiros, muíños de café, serróns, moedas e billetes antigos, estañadores, cepillos e berbiquís de carpinteiros, ...


Ao longo desta semana os nenos e nenas de 2ºA e 2ºB de primaria farán varias representacións da biografía de Antonio Fraguas e recitarán para os seus compañeiros "A mosca e a pulga" en tres sesións de contacontos na biblio.Onte foron as dúas prImeiras representacións.



O venres nos xuntaremos todo o cole no patio para unir dúas celebracións, a das Letras Galegas,gracias á colaboración dos alumnos de secundaria que teñen preparadas para todos nós algunhas lecturas sobre a figura de Antonio Fraguas, e a dos Maios, unha das festas máis bonitas do ano, polo cheiro marabilloso que enche o cole ese día, polos preciosos maios que confeccionamos con todo o alumnado, pola magnífica alfombra de flores que todos os anos nos enche de ledicia,e pola ledicia das cancións que todos xuntos cantamos arredor da nosa alfombra de flores.

Nos espera pois unha semana de moita ilusión para  recibir esta primavera que xa enche de luz e cor as nosas miradas.

FELICES LETRAS GALEGAS A TODOS! E MOI FELICES MAIOS!


mércores, 24 de abril de 2019

CONSELLOS DOS NOS@S ALUMN@S:

Nesta semana do libro imos inaugurar unha nova sección no noso blog, na que os propios alumnos e alumnas, e non os mestres e mestras do equipo da biblioteca, vanvos aconsellar novas lecturas.

Nesta caso son alumnos de secundaria os que van facer os primeiros consellos de lectura, non tedes máis que premar na imaxe para poder escoitar as súas voces.

Audio explicativo

https://drive.google.com/file/d/1iuW_xZVEaSXD8e_INoRWBcbjQqyoh2CM/view?usp=sharing

MOITAS GRACIAS POR ESTA COLABORACIÓN!!!!!

DÍA DO LIBRO 2.019

Onte celebramos no cole o DÍA DO LIBRO e o fixemos con dúas visitas.

En primeiro lugar contamos coa visita ao centro de Evangelina Hermida, a muller homenaxeada este ano polo Día do Libro en Atios; cada ano escollemos un autor ou autora de Valdoviño para coñecelo e traballalo un pouquiño nas aulas. Neste caso trátase dunha veciña de Valdoviño que escribe coplas para encher de ledicia e bon humor as moitas actividades nas que ela participa xunto con moitos dos seus veciños.
Evangelina visitou o centro e deixou unha moreade sorrisos no comedor onde estivo reunida cos alumnos e alumnas de secundaria.



En segundo lugar, e dentro do proxecto PITEA S, onte contamos no centro coa visita de David Ballesteros, afamado científico que fixo as delicias dos numerosos alumnos do centro concentrados onte no ximnasio para buscar con el explicacións científicas a cada un dos experimentos que realizou para nós.

David nos fixo descubrir a todos que a ciencia e os experimentos son unha actividade ben divertida coa que podemos aprender ao tempo que pasalo ben, e que investigar nas propiedades de cada material pode levarnos a descubrir cousas realmente curiosas e sorprendentes.

DENDE ATIOS QUEREMOS DESEXARVOS A TODOS UN FELIZ DÍA DO LIBRO,, hoxe, a touro pasado, porque os libros onte, hoxe  e todos os días son un auténtica festa para celebrar e desfrutar.

luns, 11 de marzo de 2019

VISITA DA ASOCIACIÓN AFAL

Hoxe na biblioteca tivemos unha visita moi especial, os maiores  da asociación AFAL: Julio, José Antonio, Mercedes, Charo, Pilar, Santiago, Carmen e Pepe que fixeron con nós unha actividade "Mestres e aprendices da vida. Conto de xoves e maiores".





MOITAS GRACIAS POR VISITAR O NOSO COLE E A NOSA BIBLIOTECA, NOS ENCANTAN ESTAS VISITAS!!!

CONTACONTOS NON SEXISTAS


A biblioteca de Atios comezou a celebrar o DÍA DA MULLER TRABALLADORA o pasado xoves7 de marzo e vai continuar aínda esta semana.
Nesta ocasión foron os alumnos de sexto da man das súas profes Eva e Dolo, os encargados e encargadas de preparar versións non sexistas dos contos tradicionais.







Da súa man coñecimos unha versión de Rapuncel que titularon "Rábano e as verduras",  e "O principiño durminte" como versión da Bela durminte.

Os contos chegaron incluso ata o punto de atención á infancia de Valdoviño que coñeceron unha versión dos tres porquiños que titularon "As tres porquiñas", e Brancaneves.




Noraboa por estes contos tan orixinais e moitas gracias por compartilos con todos nós.

venres, 8 de febreiro de 2019

CANTAS LECTURAS!


Estes días se multiplican as lecturas por tódolos recantos do centro:

* Os nenos de educación infantil iniciaron estes días as súas lecturas adicadas a San Valentín. están a coñecer a magnífica historia entre un paxaro e un esquío do libro "Un amigo como tú".

* Os nenos de primeiro continúan os seus contacontos coa participación dos seus pais que visitan regularmente a biblioteca de Atios para encher de historias marabillosas este espacio.

* Esta semana os padriños de segundo cumpliron co seu papal e lles leron aos seus afillados de primeiro os contos e libros que escolleron nos andeis da nosa biblioteca.

COMO NOS GUSTAN A TODOS ESTAS LECTURAS!!!






venres, 1 de febreiro de 2019

CONTACONTOS DA PAZ

Hoxe tivo lugar na biblio de Atios a primeira sesión dos contacontos da Paz deste ano 2.019.

Neste caso foron alumnas e alumnos de quinto, da man da profe Loli, os encargados de relatar para os alumnado de 1º, 2º e 3º un conto, de narrar un poema e de representar un baile que nos lembraron a todos a importancia de traballar día a día para acadar a PAZ NO MUNDO.

Vos deixamos as imaxes do día para que gocedes coma nós das lecturas arredor do DÍA DA PAZ.










mércores, 30 de xaneiro de 2019

LECTURAS CHEAS DE PAZ


A biblioteca do Cpi de Atios encheuse estes días de paxariñas de papel con mensaxes de paz, a biblioteca e todo o noso cole porque este ano quixemos lembrar a Sadako Sasaki e coma ela fabricar mil grúas de papel (paxariñas na versión de Atios) para encher o cole de desexos de paz e pedir todos xuntos un grande desexo, o de PAZ PARA TODOS EN TODO O MUNDO.



Ás paxariñas de papel se uniron aos corazóns alados que no transcurso do seu proxecto sobre Romero Britto elaboraron os nenos e nenas de Educación Infantil que confeccionaron un precioso mural que vai presidir a entrada á biblioteca nestes vindeiros días.



Coma sempre, a biblioteca de Atios quere celebrar o Día da Paz con lecturas; aquí vos deixamos algunhas suxerencias de lectura relacionadas coa efeméride de hoxe, a maioría delas xa están á vosa disposición na biblio así que animádevos e vide ler con nós.











Feliz Día da Paz a todos e todas e moita PAZ para encher as vosas vidas todos os días do ano.