mércores, 16 de decembro de 2015

BO NADAL A TODOS ... E BOAS LECTURAS



No CPI de Atios encántanos ler, ler a todas horas, na escola, na casa, no xardín, no bus, na sala de espera do médico, … e tamén nas vacacións; Para que todos vós enchades de lectura todos os momentos que queirades vos suxerimos estes títulos. Esperemos que vos gusten!

 PRELECTORES (0 a 5 anos)
 


Canto te quero profe!
Cristina Justo e Paloma Rodríguez
Editorial Embora

Un libriño cheo de tenrura para os lectores máis pequenos.
 


Tic, tac
Pablo Díaz
Editorial Kalandraka

Libro-CD con cancións moi animadas que non vos deixarán indiferentes.




 PRIMEIROS LECTORES (6 a 8 anos)




Querido inimigo
Agustín Fernández Paz
Editorial Rodeira

Laura tenlles moito medo aos cans… e agora os seus veciños tiñan un!!





Mini entra en acción
Christine Nostlinger
Coleción Barco de vapor, editorial SM



A tía Berta invita a Mini a pasar uns días con ela, o que ao principio parecen uns días tranquilos no campo vanse convertir nuns días ben movidiños.


LECTORES AUTÓNOMOS (9 a 11 años)


Agus y los monstruos:llega el señor Flat
Jaime Copons y Liliana Fortuna
Editorial Combel







Unha casiña branca
Marcos Calveiro
Edicións Xerais 

Conta a historia de dous nenos nun vertedoiro infindo e da súas ansias por saír dalí.







LECTORES EXPERTOS (12 a 14 años)





Fibonacci, el soñador de números 
Joseph Dágnese 
EditorialJuventud

O libro preséntanos a Leonardo que no seu día a día relacionaba todo cos números: unha flor, a espiral dunha cuncha, …





 
Pánico no bosque dos corazóns murchos
Jack Mircala
Editorial Bululú 

Trátase dun álbum magníficamente ilustrado no que o autor recrea un bosque cheo  de fantásticas criaturas.







El castillo ambulante
Diana Wyne Jones
Editorial Berenice

Sophie é enfeitizada por unha bruxa e viaxa ao castelo ambulante para atopar axuda, alí atopa a un malvado mago que se alimenta de xoves desprevenidas.






 XUVENIL (máis de 15 anos) 


¡Soy una máquina!
Jordi Sierra i Fabra
Editorial Algar


Un libro para soñar coa sociedade do futuro e desfrutar da ciencia fición e unha boa dose de humor.










  


Viaje al centro de Cityplay
Damián Montes
Editorial Algar


Relato dunha batalla a cabalo entre o mundo real e o virtual;os protagonistas descubren a través da súa consola que poden entrar nun mundo alternativo.
 

xoves, 19 de novembro de 2015

SEGUIMOS A CONTOS

Este luns e martes continuaron as historias de medo na biblioteca, nesta ocasión da man dos nenos e nenas de 3º A, que representou con monicreques varias historias escritas por eles, e a 3º B que tamén leron historias de confección propia; hoxe tocoulle o turno a Madelene, a nai de Adán, e a Marcos e Iria de 4º da ESO que nos deleitaron con dúas magníficas lecturas. GRACIAS A TODOS POR TRAERNOS AS VOSAS HISTORIAS Á NOSA BOBLIOTECA!







luns, 16 de novembro de 2015

TERROR NA BIBLIOTECA

Os contos de medo son os protagonistas destes días nos recreos do CPI de Atios; o pasado xoves contamos coa colaboración de Alejandra, Elena e Andrea (5º A) que leron para os usuarios da biblioteca unha antiga lenda celta, o venres foi a quenda dos rapaces de 4º A que acompañados da profe Tereixa leron para todos unha historia ambientada en Galicia; tamén Minerva e Sara de 5º B leronpara nós un par de historias escritas por elas mesmas.





Esta semana continúan os contos de medo na biblioteca, vos seguiremoscontando.

venres, 13 de novembro de 2015

TEMPO DE SAMAÍN



Nestes días no cole de Atios andamos a voltas coa celebración do Samaín e do Magosto. Na biblioteca aproveitamos a coincidencia de datas para celebrar tamén a semana da tradición oral  escribindo contos de medo nas aulas e lendo historias terroríficas coa colaboración dos pais, os mestres e os alumnos do cole.
Nos vindeiros días iremos subindo algunhas fotos desas lecturas, mentras vos deixamos  unhas imaxes da nosa biblioteca nestes días e algunhas suxerencias de lectura para estes días nos que o tempo aínda acompaña para sentarse a ler ao soleciño de outono cunha presa de castañas quentiñas ao lado.

BOA LECTURA A TODOS!!!!


Aquí vos deixamos estes títulos  para que vos animedes a ler un pouco nestes días:


https://www.libreriaproteo.com/portadas/9/7/8/3/7/9788415497837.JPGhttp://www.vilafer.es/wp-content/uploads/2013/11/Tu-no-me-asustas.jpg


http://image.casadellibro.com/a/l/t0/05/9788497821605.jpg

martes, 27 de outubro de 2015

24 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS



No CPI de Atios non queremos deixar pasar a oportunidade de felicitarvos a todos polo Día das Bibliotecas e animarvos a todos a visitarnos e visitar a biblioteca que teñades máis cerca, seguro que todos sodes capaces de atopar un libro, unha revista, unha película, ... que encha de ledicia un dos vosos ratiños de lecer.

luns, 5 de outubro de 2015

HOXE ABRE AS SÚAS PORTAS A BIBLIOTECA DO COLE

Por fin, despois de moitos días de descanso, a biblioteca de Atios abreu de novo as súas portas. Hoxe os libros dos andeis estaban de festa, botaban de menos as mans dos nenos e nenas que os acariñan cada día, e as súas risotadas cando descubren neles algo interesante ou divertido.

Xa sabedes que dende hoxe e ata fin de curso, na bibloteca de Atios estades convidados á festa dos libros!!!!



domingo, 24 de maio de 2015

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E MONICREQUES

O xoves 21 de maio celebramos o Día das Letras Galegas no CPI de Atios, e paraiso contamos coa colaboración das profes Tereixa e Loli que con moita paciencia e agarimo acompañaron nestes últimos días aos alumnos de 5º e 6º na preparación de diversas obras de teatro e de monicreques que o xoves tivemos a sorte de ver representadas no comedor e o venres na biblioteca.

Contos tradicionais como Caparuchiña bermella ou Os tres porquiños e historias como as do Coelliño branco, Orellas de volvoreta, Rosa Caramelo ou a Cebra Camila foron cobrando vida da man dos nosos pequenos actores.




Noraboa polo traballo ben feito e moitas gracias por deleitarnos a todos coas vosas representacións.

martes, 19 de maio de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana lembramos na biblioteca de Atios a figura de Xosé Filgueira Valverde, o escritor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Animádevos a coñecer con nós este persoeiro que adicou boa parte da súa vida á defensa do galego e ao que moitos apodaban o"vello mestre".




Neste tempo de primavera aproveitade para coñecer un pouco a súa obra con este vídeo do que vos deixamos aquí o enlace:


A moza que fai frores, relato extraído de Quintana viva (editorial Galaxia)

xoves, 14 de maio de 2015

VISITA DE XOAN BABARRO

Para empezar a conmerar o Día das Letras Galegas, hoxe no CPI de Atios tivemos a sorte de contar coa visita de Xoan Babarro que falou co alumnado de quinto sobre un dos seus libros: Eu e nós nun garaxe. Foi un rato marabilloso no que el nos explicou moitas cousas do seu libro e os alumnos tiveron a oportunidade de compartir con el unha morea de impresións.


Xoan Babarro é o autor de numerosos libros, moitos deles escritos en compañía da súa muller, Ana Mª Fernández; aquí vos deixamos algúns títulos:



LA TELA DE ARAÑA QUE TODO LO APAÑA    NENA DE FLAN - OBRADOIRO NR+   NA BARRIGA DO DRAGON - OBRADOIRO    O misterio do pr¡ncipe pastor                                           

xoves, 23 de abril de 2015

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Hoxe foi un día moi intenso no cole de Atios, a celebración do Día do Libro tívonos ocupados toda a mañá:

* Os nenos e nenas de 3º e 6º prepararon algunhas obriñas de monicreques para os nenos da escola


* Nas aulas se prepararon murais, poemas, manualidades,... relacionadas cos libros







* E tivemos a sorte de contar coa visita da poeta Medos Romero que falou co alumnado de 5º e 6º de primaria, e co alumnado de secundaria; a ela lle adicou a nosa mestra de plástica este magnífico mural:


luns, 20 de abril de 2015

UN LIBRO E UNHA FLOR

Sabíades que en Cataluña é costume que cada 23 de abril a xente saia á rúa e agasale libros e rosas?
Nesta data móntanse unha morea de postos ambulantes pola rúa onde poder mercar libros e rosas; deste xeito recréase a lenda de Sant Jordi que fala dun dragón que atemorizaba á veciñanza;o rei decideu enviar á súa filla como sacrificio para acougar o dragón. Camiño da cova do dragón, a princesa atopou un cabaleiro que acabou matando o dragón e rescatándoa. Do sangue do dragón morto naceu unha rosa bermella que o cabaleiro entregoulle á princesa.



ADICAMOS O DÍA DO LIBRO A MEDOS ROMERO

Esta semana todas as bibliotecas estamos de festa, celebramos o 23 de abril que no noso cole adicamos este ano á poeta Medos Romero.


Remedios Fernández Romero naceu o 21 de outubro de 1951 na parroquia de Somede, no concello de As Pontes; as paisaxes da súa aldea natal enchen moitos dos seus poemas.

CARA Ó FREIXO

Canta a cobra.
Estala o sol nos medeiros,
Aló, monte arriba,

lonxe, nunha restreba.


ABAIXO DA ALDEA DE ABAIXO
Ondea a auga co vento,
moura e calada,
entre dos calaxós.
Un troiteiro cruza caladiño
cara a Malvís
na lancha, río arriba.
Os regatos verten sen canseira.
Só o croar dunha pega
racha este silencio.

NINGÚN DE NÓS
O noso carro canto hai que adorna o museo.
Cando meu pai se vaia,
ningún de nós tocará peza algunha
no fermoso acordeón italiano.
Non saberemos facer cestos,
Nen sequera recoñecer os cuartos da lúa.
Moito antes xa perdera a forxa o seu ferreiro,
E o vello Antón baduaba nos camiños
Tras dun enxame que nunca se habería de pousar.

Medos Romero vive hoxe en Valdoviño e traballa como enfermeira en Ferrol.

Ten publicados numerososos libros de poemas:
  • Rendéome no tempo1998, edición da autora, Pontedeume.
  • Ámome en por min1999Espiral Maior.
  • O peso da derrota2000, Espiral Maior.
  • Lenzo das madrugadas2003, Follas Novas.
  • O pozo da ferida2006Deputación da Coruña.
  • A seitura dos tristes, 2006, Follas Novas.
  • Do corpo e a súa ausencia2010, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • A ansia do lóstrego2012, Follas Novas.
Aproveitade o Día do Libro para rebuscar nas librarías os seus libros ou achegádevos ás feiras dos libros que estes días se celebran na provincia para buscalos; o vindeiro xoves teremos a súa visita na nosa biblioteca.

mércores, 25 de febreiro de 2015

NAMORADOS DE ROSALÍA

As celebracións do día de San Valentín encheron de corazóns a nosa boblioteca e tanto amor estamos a compartilo nesta semana coa marabillosa Rosalía de Castro, cos seus poemas, coas paisaxes galegas da súa poesía, coas súas verbas escritas na nosa querida lingua galega; vos deixamos un par de fotos da nosa boblioteca nestes días e un dos seus magníficos poemas:

TODOS SOMOS ROSALÍA!!!!!




Cantarche hei, Galicia,
na lengua galega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Lugar máis hermoso
no mundo hachara 
que aquel de Galicia.
Galicia encantada!

Galicia frolida!
Cal ela ningunha,
de frores cuberta,
cuberta de espumas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta se ríe
conmove se chora.

mércores, 4 de febreiro de 2015

DÍA DOS HUMEDAIS

Xa sabedes que este ano o noso colexio está volcado nun proxecto que se chama ECOLOXÍA CON G e que na biblioteca estamos a lembrar algunhas das datas máis relevantes do calendario ambiental; neste mes de febreiro estamos a celebrar o DÍA DOS HUMIDAIS cunha pequena exposición de libros sobre o tema, e o cole tivo a sorte de contar coa visita de Fran, un educador ambiental da Cooperativa de Educación Ambiental CEM, que lles falou aos rapaces e rapazas de 5º da importancia destes ecosistemas e que ademáis lles sirveu de guía nunha visita á lagoa da Frouxeira.


VISITA DE MARCOS CALVEIRO

Onte tivemos a sorte de contar coa visita de Marcos Calveiro na nosa biblioteca, autor de numerosos libros, entre eles:




A súa charla de onte estivo centrada no seu libro  O pintor do sombreiro de malvas( 2010, premio Lazarillo 2009 e premio de literatura infanto-xuvenil 2011 da AELG; Traducido ao castelán en 2010, publicado en Edelvives) e na figura de Vincent Van Gogh que protagoniza este libro.




Se queredes podedes consultar o blog do autor e coñecer un pouquiño máis a súa obra que é realmente fantástica:
http://alfaias.blogaliza.org/