xoves, 16 de decembro de 2021

Feliz Nadal 2021!!

 Bo día e boas festas a todos!

A Biblioteca do CPI deAtios preséntavos as súas suxestións de lecturas para o Nadal:





Grazas, María Manso, por unha maquetación tan bonita!


domingo, 28 de novembro de 2021

Almudena Grandes

 

Hoxe dedicamos esta entrada no noso blog á escritora Almudena Grandes, que faleceu onte 27 de novembro con so 61 anos. Almudena é unha das autoras máis admiradas da literatura española actual pola profunda sensibilidade coa que escribía e pola súa certeira capacidade de análise tanto da nosa historia como da actualidade. Autora desas novelas que non se esquecen unha vez lidas, tamén era columnista no xornal El País.

Cremos que a mellor homenaxe que podemos facer a Almudena é reproducir aquí os poemas que o seu home, o poeta Luis García Montero, lle dedicou:


Confesiones

   Yo te estaba esperando.

Más allá del invierno, en el cincuenta y ocho,

de la letra sin pulso y el verano

de mi primera carta,

por los pasillos lentos y el examen,

a través de los libros, de las tardes de fútbol,

de la flor que no quiso convertirse en almohada,

más allá del muchacho obligado a la luna,

por debajo de todo lo que amé,

yo te estaba esperando.


Yo te estoy esperando.

Por detrás de las noches y las calles,

de las hojas pisadas

y de las obras públicas

y de los comentarios de la gente,

por encima de todo lo que soy,

de algunos restaurantes a los que ya no vamos,

con más prisa que el tiempo que me huye,

más cerca de la luz y de la tierra,

yo te estoy esperando.

Y seguiré esperando.

Como los amarillos del otoño,

todavía palabra de amor ante el silencio,

cuando la piel se apague,

el amor se abrace con la muerte

y se pongan más serias nuestras fotografías,

sobre el acantilado del recuerdo,

después que mi memoria se convierta en arena,

por detrás de la última mentira,

yo seguiré esperando.


La ausencia es una forma del invierno


Como el cuerpo de un hombre derrotado en la nieve,

con ese mismo invierno que hiela las canciones

cuando la tarde cae en la radio de un coche,

como los telegramas, como la voz herida

que cruza los teléfonos nocturnos

igual que un faro cruza

por la melancolía de las barcas en tierra,

como las dudas y las certidumbres,

como mi silueta en la ventana,

así duele una noche,

con ese mismo invierno de cuando tú me faltas,

con esa misma nieve que me ha dejado en blanco,

pues todo se me olvida

si tengo que aprender a recordarte.


Se queredes saber máis sobre Almudena Grandes, clicade nestes enlaces:




Ambos enlaces do xornal El País, a 28/11/2021, 11'38 h.


Para ver as súas obras clicade nas entradas que as editorias dedican a Almudena: 

Editorial Tusquets


Editorial Planeta de Libros




(Procedencia das imaxes empregadas: imaxe inicial obtida de El Heraldo de Aragón, na súa edición dixital a 28/11/2021, 11'26 h.: https://www.heraldo.es/noticias/ocio-y-cultura/2021/11/27/muere-de-cancer-a-los-61-anos-almudena-grandes-cronista-radical-del-alma-humana-1536782.html); imaxe de Almudena Grandes e Luis García Montero obtida de Clarín a 28/11/2021, 11'30 h.)

xoves, 25 de novembro de 2021

25 de novembro no CPI de Atios

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller sempre é unha data sinalada no calendario do CPI de Atios. Este curso o departamento de lingua castelá traballou o poema de Gioconda Belli: "Reglas del juego para los hombres que quieran amar a las mujeres".

Gioconda Belli é unha das máis importantes poetas de Nicaragua, grande defensora dos dereitos da muller, pon de relevo o valor da feminidade, reclama a liberdade da muller, e reivindica o corpo, a sexualidade, o amor e o desexo.

Esta é a fermosa composición colaborativa que os alumnos de 2º ESO fixeron en clase:

Embaixo, a escolla de libros da nosa Biblio para celebrar o Día. Lembrade que podedes levar en préstamo calquera deses libros!

Velaquí tedes o poema completo:

REGLAS DEL JUEGO PARA LOS HOMBRES QUE QUIEREN AMAR A MUJERES

(Gioconda Belli)

I

El hombre que me ame

deberá saber descorrer las cortinas de la piel,

encontrar la profundidad de mis ojos

y conocer la que anida en mí,

la golondrina

transparente de la ternura.


II

El hombre que me ame


no querrá poseerme como una mercancía,

ni exhibirme como un trofeo de caza,

sabrá estar a mi lado

con el mismo amor

con que yo estaré al lado suyo.


III

El amor del hombre que me ame

será fuerte como los árboles de ceibo,

protector y seguro como ellos,

limpio como una mañana de diciembre.


IV

El hombre que me ame

no dudará de mi sonrisa

ni temerá la abundancia de mi pelo

respetará la tristeza, el silencio

y con caricias tocará mi vientre como guitarra

para que brote música y alegría

desde el fondo de mi cuerpo.


V

El hombre que me ame

podrá encontrar en mí

la hamaca para descansar

el pesado fardo de sus preocupaciones

la amiga con quien compartir sus íntimos secretos,

el lago donde flotar

sin miedo de que el ancla del compromiso

le impida volar cuando se le ocurra ser pájaro.


VI

El hombre que me ame

hará poesía con su vida,

construyendo cada día

con la mirada puesta en el futuro.


VII

Por sobre todas las cosas,

el hombre que me ame

deberá amar al pueblo

no como una abstracta palabra

sacada de la manga,

sino como algo real, concreto,

ante quien rendir homenaje con acciones

y dar la vida si necesario.


VIII

El hombre que me ame

reconocerá mi rostro en la trinchera

rodilla en tierra me amará

mientras los dos disparamos juntos

contra el enemigo.


IX

El amor de mi hombre

no conocerá el miedo a la entrega,

ni temerá descubrirse ante la magia del

enamoramiento

en una plaza pública llena de multitudes

Podra gritar —te quiero—

o hacer rótulos en lo alto de los edificios

proclamando su derecho a sentir

el más hermoso y humano de los sentimientos.


X

El amor de mi hombre

no le huirá a las cocinas

ni a los pañales del hijo,

será como un viento fresco

llevándose entre nubes de sueño y de pasado

las debilidades que, por siglos, nos mantuvieron

separados

como seres de distinta estatura


XI

El amor de mi hombre

no querrá rotularme o etiquetarme,

me dará aire, espacio,

alimento para crecer y ser mejor,

como una Revolución

que hace de cada día

el comienzo de una nueva victoria.


Se vos gustou, 

neste enlace podedes ler máis poemas 

coma este da autora.

martes, 23 de novembro de 2021

Colaboración con AFAL

 Afal é unha Asociación de Familiares de persoas con demencia neurodexenerativa da Comarca de Ferrolterra, que non ten ánimo de lucro. Afal e o CPI de Atios xa organizaron en cursos anteriores os Encontros Interxeracionais, con alumnos do noso centro e usuarios e familiares de usuarios de Afal.


A Asociación colaborou na publicación dun fermoso libro titulado Recetas para el recuerdo, elaborado coas receitas tradicionais achegadas polos homes e mulleres, afectados todos eles por algún deterioro cognitivo en diferentes estadios, que acoden ao centro de día.


A partires do mércores 24 de novembro, calquera que o desexe, pode adquirir un exemplar por 15 € comunicándollo á coordinadora da Biblioteca. Os beneficios son destinados á Asociación para a realización das súas actividades cos pacientes. A Biblio de Atios xa ten o seu exemplar!!

Pinchade nos enlaces para obter máis información sobre o labor de Afal:

- enlace a Afal Ferrolterra.

- enlace a Fagal: Federación de Alzheimer Galicia.

- enlace a Alzheimer Ferrolterra.

E aquí para ver o anuncio do libro!!

domingo, 21 de novembro de 2021

Obra de Teatro: Os Minimortos. Criando malvas, da autora Ledicia Costas.

 

Un evento moi especial para todos nós tivo lugar o pasado venres 12 de novembro coa representación da obra de teatro: Os minimortos. Criando Malvas, da autora Ledicia Costas.




O alumnado de 4º de Primaria leu a novela, parte da colección da nosa biblioteca, no contexto de lecturas de Samaín. A profe Carmen Barro adaptou o texto a obra de teatro e as profes Alba Vilela, titora de 4º A e Gema Romero, encargada da Hora de Ler, dirixiron a peza e argallaron os decorados, vestiario e atrezzo.

O resultado foi excepcional, tal e como podedes ver nas fotos; cheo na biblioteca, con permiso do covid 😉 (sempre respectado as normas!)

Novembro: mes da Ciencia en galego na Biblioteca.

 Celebramos o mes da Ciencia en Galego na Biblioteca cunha exposición de libros e unha charla sobre consumo saudable e sostible artellada por alumnos e para alumnos de Secundaria. 

Ao abeiro do proxecto Teachers for Future, os profes Irene e  Carlos puxeron en marcha a iniciativa "Merendas Saudables e Sostibles no CPI de Atios" coa que se motiva ao alumnado a reflexionar sobre os seus hábitos de consumo e melloralos co dobre propósito de beneficiar a súa saúde e a do medio. 

Con anterioridade ao comezo da actividade, que tivo lugar este luns 15 de novembro, o alumnado de 4º ESO levou a cabo un estudo dos hábitos de consumo nos recreos e dos residuos xerados. As súas conclusións, unidas a datos achegados polo profesorado participante nas aulas do impacto dos residuos no medio, nomeadamente o medio mariño, así como o modo de participación mediante un carnet e o rexistro das merendas foi explicado enteiramente por diferentes grupos de alumnos no comedor do centro.

Tamén a asociación Powerful Animals, que ten a súa sede na biblioteca, interviu para informar as súas actividades e animar aos compañeiros a participaren nelas.


Premios dos Concursos de Samaín

 

Bo día! Velaquí tedes algúns dos participantes premiados nos concursos de Samaín propostos polo Equipo de Dinamización da Lingua, o Equipo de Actividades Extraescolares e a Biblioteca .
Esta foi unha das nosas paradas en Infantil para atopar aos seus premiados:



Na aula de 3º A estaban a traballar algunhas das premiadas do 2º ciclo de Primaria. Felicidades ás dúas!


Finalmente, recalamos en Secundaria para entregar en 1º C un diploma e un agasallo. Noraboa, Paula!

martes, 26 de outubro de 2021

LECTURAS PARA SAMAÍN

Feliz Samaín!

Happy Halloween! 

Joyeuse Fête de la Toussaint!

Para celebrar esta data, temos obras procedentes de todas as literaturas europeas e da norteamericana. Debaixo da imaxe tedes unha selección das máis nomeadas. 

Lembrade que podedes coller da biblioteca calquera dos libros da exposición feita para o Samaín, se ousades ...

• SHELLEY, Mary. Frankenstein.

•  DOCAMPO, Xabier P. Cando petan na porta pola noite.

• STOKER, Bram. Drácula.

• FERNÁNDEZ PAZ, A. Cartas de inverno.

• POE, Edgar Allan. Cuentos macabros.

• FOLE, Ánxel. Á lus do candil.

• JAMES, Henry. Otra vuelta de tuerca.

• MOURE, Gonzalo. A noite no Risón.

• LOVECRAFT, H.P. La llamada de Cthulhu.

• IRVING, Washington. A lenda de Sleepy Hollow.

• STEVENSON, R.L. El extraño caso del Dr. Jekyll y Mr. Hyde.

• MIRANDA, Xosé. As mans do medo.

• MAUPASSANT, Guy de. Cuentos completos de terror, locura y muerte.

• GASPAR, Silvia. Antoloxía do conto galego de medo.

• HODGSON, W.H. Carnaki. El cazador de fantasmas.

• VV. AA. Contos de medo. Ed. Xerais.

• BRADBURY, Ray. El árbol de las brujas.

 • LEROUX, Gaston. O fantasma da ópera.

• MEYNRIK, Gustav. O Gólem.

• MAURIER, Daphne du. El muñeco.

• WILDE, Oscar. El retrato de Dorian Gray.

• HAWTHORNE, Nathaniel. La casa de los siete tejados.

• DICKENS, Charles. Para leer al anochecer.

martes, 19 de outubro de 2021

Día das Escritoras

 Cada ano, o luns máis próximo ao 15 de outubro celébrase o Día das Escritoras, por ser este o día en que se conmemora o pasamento de Santa Teresa.

O departamento de lingua castelá explicou moi claramente en cifras a necesidade de celebrar este día, pois en España:

    - o 86% dos premios literarios do ministerio condédense a homes.
    - os homes publican o dobre que as mulleres, cando elas representan o 68% dos lectores.
    - a presencia de mulleres nos libros de texto é inferior ao 16%.
    - na RAE so houbo 11 mulleres académicas.
    - o premio Cervantes foi concedido a 5 mulleres fronte a 40 homes en 42 anos.
    - e o Premio Nacional de las Letras Españolas a 6 mulleres fronte a 31 homes, e iso tendo en conta que se creou en  1984...
 
Ademais: 

    - o Nobel de Literatura so foi concedido a 16 mulleres, fronte a 90 homes.
    - e as o Días das Letras Galegas so foi adicado a 5 mulleres, fronte a 54 homes.

Para saber estas e máis cousas achegádevos á exposición a carón da sala de profesores.



Parabéns a todas as futuras escritoras que hoxe veñen ao cole!!!

Lembrade usar xel se queredes botarlles algo máis que o ollo aos libros ...


Velaquí tedes uns enlaces a:



Moitas grazas ao departamento de lingua castelá por fornecer os datos e os enlaces!

mércores, 22 de setembro de 2021

Benvida ao novo curso 2021-22

 Todo o equipo da Biblioteca desexa darvos a benvida a este novo curso 2021-22.

A biblio abrirá as súas portas o luns 4 de outubro cunha morea de novidades en libros:


Estamos desexando vervos a todos por aquí! E lembrade:

- alumnado de Infantil e Primaria sempre co seu profesor.
- alumnado de Secundaria: segundo as quendas de recreo establecidas.


Quendas para o alumnado de Secundaria:


luns

martes

mércores

xoves

venres

1º recreo

1º ESO 

 A-B

2º ESO 

 A-B

3º ESO 

A-B-C

1º ESO 

    C 

4º ESO 

 A- B

2º recreo

1º ESO 

 A-B

2º ESO 

 A-B

3º ESO 

A-B-C

1º ESO

    C 

4º ESO 

 A-B



venres, 18 de xuño de 2021

Asociación "Powerful Animals"

 Despedimos este curso co nacemento dunha asociación que promove o coñecemento dos animais, o respecto e o bo trato.

Powerful Animals naceu no seo da biblioteca onde ten o seu propio lugar na sección de Bioloxía da parte de Secundaria e está aberta a todos os compañeiros. 

As súas fundadoras elaboraron un tríptico para darense a coñecer:







Non dubidedes en poñervos en contacto cos compañeiros de 1º e 2º de ESO que figuran no tríptico para formar parte deste interesante proxecto. Estarán encantados de recibirvos!!

NORABOA pola vosa iniciativa!!!








Suxestións de lectura para o verán

 




martes, 1 de xuño de 2021

Regueifando a Xela Arias

 Bo día!

Lembrades que na entrada anterior mencionabamos o traballo que parte do alumnado de 6º B de E. Primaria estaba a facer co CEIP Soutelo de Montes? 

Pois ben, é para nós unha grande alegría e satisfacción, poder dicirvos que xa remataron e que podedes desfrutar do seu traballo neste enlace, tamén clicando no apartado do EDLG na páxina web do CPI deAtios.

Non o perdades! Está xenial!!!

mércores, 26 de maio de 2021

Día das Letras

 A pasada semana celebramos o Día das Letras e os Maios. No noso centro sempre vencellamos a celebración dos Maios coa das Letras e os tres equipos (de biblioteca, o EDLD e o EACE) organizamos en conxunto actividades nas que participa todo o alumnado, de Infantil a Primaria.


Os alumnos de Infantil coñeceron o libro Flores do escritor, ilustrador e artista Hervé Tullet e despois realizaron as súas propias composicións. Leron o conto de Gianni Rodari Que fai falta? e gravaron un vídeo-conto que compartiron co resto do alumnado e que se pode ver en Atios TV. Tamén coñeceron a Xela Arias a través das obras accesibles para eles: Darío a diario e o conto dos Bolechas publicado con motivo das Letras e dedicado a Xela.

Os alumnos de Primaria, ademais de facer actividades relacionadas cos recursos colgados nos enlaces ao blog, tamén fixeron outras actividades: o grupo de 6º B está a traballar as Regueifas co colexio de “Soutelo de Montes” a través da ferramenta interactiva “Genially”, esas regueifas teñen como fío condutor a figura e obra de Xela Arias. Aínda están sen rematar completamente, pero axiña as poderedes ver.




O alumnado de 5º participa nestes días nun taller de poesía coa autora que se traballou tamén no Día do Libro en Secundaria, Ana Varela, neste obradoiro aprenden a facer poemas con distintos tipos de rima e verso, caligramas, elaboraron poemas entre todos...

Ademais, o mércores 12 de maio ás 12’00 h. un grupo de alumnos de 4º ESO participou no programa divulgativo da lingua na TVG Dígocho eu a través da plataforma Twitch. O evento tivo lugar na nosa biblioteca e a participación dos nosos alumnos, xunto con outros cinco centros, foi retransmitida en directo en todas as aulas do centro. O vídeo está dispoñible na canle en Twitch do programa.

Na biblioteca aínda podedes ver unha pequena exposición coas obras de Xela Arias.







sábado, 17 de abril de 2021

Día do Libro 2021

Este venres falará con nós a nosa homenaxeada este ano no Día do Libro:

Ana Varela Miño naceu en Narón, en 1978, e é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Na actualidade traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Traduciu ao galego textos de Edgar Allan Poe e contos de Virginia Woolf. Tamén verteu ao castelán poemas de Antía Otero. En 2017 gañou o Certame de Poesía Francisco Añón con "Asombrario", o seu primeiro libro, e en 2019 obtivo o VI Premio Gonzalo López Abente con "Onde nacen as hedras".

Este é o cartel que fixemos para conmemorar e anunciar a súa visita, clicando sobre el, poderedes ler unha entrevista moi interesante que concedeu ao xornal La Voz de Galicia en xullo de 2019.



sábado, 20 de febreiro de 2021

24 de febreiro Día de Rosalía

Celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o vindeiro mércores 24 de febreiro. En tan sinalada data, poñemos á vosa disposición unha pequena exposición na biblioteca na que poderedes atopar edicións consideradas históricas da obra de Rosalía (por seren anteriores a 1985) xunto con edicións actuais ilustradas moi fermosas.

Descubride os pequenos tesouros que acolle a nosa biblioteca!!




O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou para todos vós unhas interesantísimas actividades no seu apartado da páxina web do CPI de Atios. Prodedes clica na foto de embaixo para acceder a elas.